14-11-2025 – Contos con valores territoriais

Alexandra Touza, fundadora e directora de Ponle Cara al Turismo, unha plataforma pioneira que promove un turismo sostible, responsable e humano. Coa súa paixón por conectar comunidades, preservar a cultura local e impulsar proxectos innovadores, Alexandra converteuse nunha referencia no sector do turismo consciente. Durante a presentación dos “CONTOS CON VALORES TERRITORIAIS “falará sobre como facer do turismo de una maneira diferente e disfrutar de unha experiencia respectuosa coas comunidades e o medio ambiente a través da educación en valores.

Presentará diferentes libros para colorear que ensinan a amar e a coidar o mar, como unha ferramenta clave para o desenvolvemento, a creatividade e a aprendizaxe das nenas e nenos.

Tres libros para colorear dedicados á economía azul, as mulleres do mar e os barcos de Vigo. Estas obras non só invitan aos máis pequenos a mergullarse na maxia de colorear, senón que tamén lles achegan, dun xeito lúdico e educativo, o valor do mar, a sustentabilidade e as profesións mariñeiras.

O libro A Economía Azul para Nenos introduce aos pequenos a importancia de coidar o mar e de utilizar os seus recursos de maneira responsable, promovendo prácticas como a pesca sostible ou o turismo consciente. É unha forma de ensinarlles a “facerse amigos” do océano, aproveitando os seus tesouros sen comprometer a súa saúde. A través destes libros para colorear, os nenos e nenas poden explorar as paisaxes da costa galega con debuxos que representan mariscadoras, patroas de barcos, científicas, conserveiras, peixeiras, mulleres elaborando colares de cunchas, mergulladoras, redeiras ou percebeiras, todas elas traballando con utensilios típicos do mar.

Estes libros entreo outros que se presentarán coma As Irmás Touza, ou Aurora, Muller Labrega, non son só un pasatempo divertido, senón tamén unha oportunidade para que os pequenos aprendan de forma creativa mentres dan vida a cada debuxo coas súas cores.

¿Que mellor forma que espertar a curiosidade e o respecto polo noso rico patrimonio marítimo, a nosa lingua e o noso territorio?

  • Lugar: UNED Pontevedra
  • Fecha y hora: 14 de noviembre de 2025
  • De 17:30 a 19:30 h.
  • Evento difundido a través de la Plataforma AVIP que recibe el soporte técnico de INTECCA
  • Más información.