27-11-2025 – Estética dun compromiso. Castelao, artista gráfico

O 7 de xaneiro de 2025 cumpríronse 75 anos da morte de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, político, escritor e artista plástico cuxa obra gráfica ven de redescubrirse cun novo estudo temático que por primeira vez pon en relación as estampas deste persoeiro co contexto histórico e xornalístico no que xurdiron, e que recompila máis de 1.300 deseños, con multitude de estampas inéditas.

Neste curso proponse unha achega crítica e reflexiva ás viñetas de temática política e aos álbums de guerra, mediante unha metodoloxía anovadora que  cotexa as representacións dos deseños con documentación de arquivo (testemuños, entrevistas), novas dos xornais nos que colaborou o autor, fotografía histórica, deseños doutros artistas da época, que nos aproximan a un significado descoñecido da súa obra, e que nos proporcionan incluso unha nova lectura da nenez nas estampas de guerra cando as poñemos en relación con artistas europeos coetáneos ou con figuras históricas como Francisco de Goya.

  • Lugar: UNED Pontevedra
  • Fecha y hora: 27 de noviembre de 2025
  • De 17:00 a 20:30 h.
  • Evento difundido a través de la Plataforma AVIP que recibe el soporte técnico de INTECCA
  • Más información.