04-11-2022 – Arte e memoria democrática

Este ciclo de conferencias exponse como unha actividade paralela á exposición “ARTE E MEMORIA DEMOCRATICA” que se produce para Cása-Museo Casares Quiroga na Coruña. A idea é mostrar como a guerra e as súas consecuencias de destrución e dor, foron na arte arte contemporánea un tema sobre o que moitos creadores traballaron denunciado os abusos, as atrocidades e a morte, que sempre deixa tras de si calquera conflito armado.

Partindo e tomando como referencia os Desastres de la guerra de Goya, onde se reflicte cunha visión moderna e comprometida a violencia, a crueldade e a  destrucción que provoca calquera guerra, iremos percorrendo a obra de artistas contemporáneos que se implicaron  nas súas obras en contra da violencia, a través da denuncia dos crimes, dos desastres e o absurdo da guerra. A arte como un claro compromiso e denuncia.

Utilizar, por tanto, estas obras plásticas como elementos de reflexión e concienciación sobre os dramas bélicos e sobre a súa repercusión na poboación civil as victimas máis directas e inocentes da guerra e o seu intrínseco carácter de crueldade e dor.

  • Lugar: UNED A Coruña
  • Fecha y hora: Del 4 de noviembre al 15 de diciembre de 2022. De 17:00 a 20:30h.
  • Evento difundido a través de la Plataforma AVIP que recibe el soporte técnico de INTECCA
  • Más información.